Escolha uma Página

Bo día! Podedes descargar aquí a folla de gasto de desprazamento, que teredes que devolver cuberta ao longo do Pop Up, para poder financiarvos a viaxe.

Para as persoas que o solicitastes, tedes un cuarto reservado no Hotel Nido, na Rúa de San Andrés, 146. O check in farase o día 7, a partir das 14h. Se precisades deixar as cousas antes, podedes pasar pola mañá por alí, aínda que os cuartos non estarán aínda dispoñibles para o seu uso. A reserva está a nome de cada unha das persoas de referencia que nos destes, así coma das vosas entidades. Polo tanto, se lle dades o nome, xa vos indican cal é o voso número de habitación. Teredes camas dobres ou separadas, segundo nos indicarades.

Calquera dúbida a este respecto, contactade coas compañeiras de Rexenerando no teléfono 698157414. Estarán presentes en todo o Pop Up.